Traballadores/as afiliados/as ó Réxime Xeral da Seguridade Social, ó Réxime Especial Agrario , ó Réxime Especial de Autónomos, a Socios/as traballadores de cooperativas, aqueles/as que non estando ocupado/as estean nalgunha das situacións seguintes: tempo parcial de carácter indefinido (descontinuos) Fixos descontinuos.
Traballadores/as que accedan a situación de desemprego cando se atopen en período formativo. Persoal acollido a regulación de emprego nos períodos de suspensión por expediente autorizado.
Contratación de carácter especial recollidos no artigo 2 do Estatuto dos traballadores así como os/as que teñan subscrito convenio especial coa Seguridade Social.
Colectivos Preferentes (Fondo Social Europeo)
Inscrición
Documentación que o/a alumno/a debe ter entregada ó comezo do curso:
Documento que xustifique a alta laboral (nómina, certificado empresa, TC2 ...), Certificado de minusvalía (si é o caso)
Normas
A participación máxima por persoa/plan é de 270 horas
e catro cursos. A asistencia é obrigatoria
Ó final da actividade, o/a alumno/a ten dereito a recibir
un diploma que certifique a súa asistencia e
aproveitamento ó curso.
Esta certificación outorgarase sempre e cando
o/a interesado/a acade un mínimo de asistencia
do 75 por cento do total das horas lectivas e o docente
así o acredite